Agra do Orzán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outros lugares, ver Orzán
A Agra do Orzán é o barrio máis grande e populoso (70.000 habitantes) da Coruña. Está situado na parte oeste da cidade, cara onde se foi desenvolvendo durante os anos 70 e 80 do século XX, incorporando zonas moi variadas. Un dos seus atractivos é a rúa Barcelona, que é peonil e conta cun comercio moi activo.