Ahtna
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O ahtna ou ahtena é unha lingua na-dené que se fala nos Estados Unidos.
ISO/DIS 639-3: aht
Índice |
[editar] Falantes
No ano 1995 había 80 falantes nun grupo étnico de 500 persoas. Todos os falantes nativos son maiores de 60 anos.
[editar] Distribución xeográfica
Hai 8 comunidades entre na área do Río Copper, entre o río Eyak e a súa foz e no alto Susita e Nenana en Alasca.
[editar] Usos sociais
Aínda que todos os falantes nativos son anciáns hai un aumento do interese entre os ahtena pola súa lingua, Lena Charley editou materiais para a súa aprendizaxe. En todas as escolas athna hai clases de lingua
Os primeiros estudos sobre a lingua realizounos James Kari que en 1986 publicou o primeiro libro Tatl'ahwt'aenn Nenn' (recolleita de historias tradicionais) e en 1990 o primeiro dicionario ahtna.
As autoridades das comunidades athna tentan evitar a desaparición da lingua, a escola Ya Ne Dah Ah aplica un programa de inmersión lingüística en athna dende 1992 en Chickaloon, seguindo este exemplo outra escola abriu en Tazlina.
John E. Smelcer é un poeta athna que publicou en 2000 Songs from an Outcast primeiro escrito en athna.
[editar] Historia
Orixinariamente os athna vivían en comunidades esparexidas na rexión do río Copper, cada grupo era totalmente autónomo. A presenza rusa deixou poucos préstamos en athna, arredor de 50 palabras e non alterou a cultura athna, a primeira expedición americana na área data de 1885, pero ata comezos do século XX non se asentaron os primeiros colonos. Entre 1941 e 1945 construíuse unha autoestrada e os athna convertéronse en totalmente minoritarios no seu propio territorio.