Aini
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O aini ou ainú é unha lingua turca que se fala na República Popular China. Non se debe confundir co ainú que se fala no Xapón.
ISO/DIS 639-3: aib
Índice |
[editar] Falantes
6.570 (2000)
[editar] Distribución xeográfica
Fálase nos condados de Hetian, Luopu, Moyu, Shache, Yingjisha e Shulekuche, preto da antiga cidade de Kashgar, no sur da Rexión Autónoma de Xinjiang.
[editar] Características
Para algúns lingüístas o aini é un dialecto do uigur, co que comparte a mesma estrutura gramatical, pero arredor do 30% do vocabulario do aini é de orixe persa.