Aksai Chin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aksai Chin ( 阿克赛钦) é unha rexión localizada na unión da República Popular China, Paquistán e a India. Administrada por China, pero reclamada pola India. Aksai Chin é unha das dúas áreas fronteirizas disputadas entre a India e China, a outra é Arunachal Pradesh. A rexión é case completamente desértica, malia iso ten unha importante posición estratéxica, xa que é vital para a comunicación terrestre de Tíbet con Xinkiang, logo da guerra sino-india de 1962 China ocupou o territorio. Os dous adversarios aceptaron respectar a liña de control e o conflito considérase de baixa intensidade.
Aksai Chin forma parte administrativamente do condado de Hotan, na rexión autónoma de Xinjiang, a India reclama o territorio como parte de Cachemira. A principal vila é Tianshuihai, que conta con 1.600 habitantes.