Albany, Nova York
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: Albany
Albany é a capital do estado de Nova York, Estados Unidos. É, tamén, capital do condado de Albany. No ano 2000 tiña 95.658 habitantes.
[editar] Historia
Albany foi a segunda localidade fundada polos europeos en Nova Inglaterra, e no ano 1614 os holandeses construíron un forte ao que deron o nome de Fort Oranje'. Cando pasou a dominio británicos no ano 1664 mudou de nome para Albany como homenaxe ao duque de York e Albany. En 1797 foi elixida como capital do estado de Nova York. É sede de varias universidades.