Alberto II de Mónaco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Súa Serenísima Alteza Alberto II, Príncipe de Mónaco, naceu o 14 de marzo de 1958. O seu nome completo é Albert Alexandre Louis Pierre Grimaldi. Príncipe de Mónaco desde a morte de seu pai no 2005.
Segundo fillo e único varón de Rainiero III de Mónaco e da actriz estadounidense Grace Kelly. Foi o sucesor de seu pai desde o seu nacemento co título de Príncipe Herdeiro e Marqués de Baux, e rexente de Mónaco desde o agravamento da enfermidade do Príncipe soberano. Herdará este título oficialmente días despois do enterramento de Rainiero.
Competiu nas Olimpíadas de Inverno (1988,1992,1994,1998 e 2002). Representou o seu país no ingreso na ONU en 1993 e en outubro de 2004 no Consello de Europa.
Rexente {31 de marzo 2005 - 6 de abril 2005}