Alcidamas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alcidamas retórico e sofista grego do século IV a.C. Naceu en Elea (Asia Menor), foi discípulo e sucesor de Gorxias e profesor en Atenas ao mesmo tempo que Isócrates, de quen foi rival.
Consérvanse dúas declamacións co seu nome, Peri Sofiston, dirixida contra Isócrates, no que afirma a superioridade dos discursos improvisados e Odusseus (a súa autenticidade non foi certificada). Do resto da súa obra só quedan fragmentos.
Aristóteles criticou os seus escritos polo seu estilo pomposo e polo uso extravagante de epítetos e metáforas.