Altenburg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Altenburg é a capital do distrito de Altenburg Land, no estado de Turinxia, Alemaña. Tiña 39.189 habitantes no ano 2003.
[editar] Historia
A primeira mención da cidade data do ano 976 nunha referencia ao castelo construído por Otón II, como un enclave alemán nunha rexión predominantemente eslava.
A apertura da estrada imperial entre Halle e Cheb en Bohemia, aumentou a importancia económica de Altenburg. O primeiro castelo foi destruído despois da batalla de Hohenmölsen entre Henrique IV e Rodolfo de Suevia, foi reconstruído nas aforas da cidade. A mediados do século XII, os emperadores Stauffer promoveron a cidade de Altenburg como mercado e centro de cuñación e o emperador Federico I Barbarossa converteu a Altenburg con Colditz, Zwickau e Chemnitz na Terra Plisniensis. Altenburg e Chemnitz como cidades imperiais pretendías reducir a importancia de de Leipzig gobernada polo Margrave de Meissen. Baixo Barbarossa a cidade medrou e construíronse numerosos edificios, en especial na área do mercado. Fundouse un priorado agostiño, e a igrexa rematou de se construír en 1172. A fins do século XII construíuse unha muralla. Con Zwickau e Chemnitz, Altenburg formou parte da Unión de cidades anti-Meissen. Despois da Batalla de Lucka en 1307 contra Federico I de Meissen, Altenburg incorporouse ás terras do Margrave de Meissen.
En 1485 pasou a formar parte dos dominios de Ernesto de Saxonia, dende entón Altenburg quedou historicamente conectada con Turinxia. En 1525 durante a revolta dos campesiños atacouse o mosteiro agostiño de Altenburg.
Entre 1603 e 1672 Altenburg converteuse na capital do ducado de Saxonia-Gotha-Altenburg. Cando o ducado se dividiu en 1826 Altenburg converteuse na capital de Saxonia-Altenburg. O último duque, Ernesto II de Saxonia-Altenburg, abdicou o 13 de novembro de 1918. O estado libre de Saxonia-Altenburg uniuse con Turinxia en 1920. En 1952 Altenburg integrouse no distrito de Leipzig ata 1990 no que voltou a Turinxia de novo.