Altofalante
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Transdutor que converte a enerxía eléctrica en enerxía acústica. Realiza o proceso contrario ao micrófono, e, de feito, os principais tipos de altofalantes baséanse na forma de funcionamento dos micrófonos.
Índice |
[editar] Tipos de altofalantes
[editar] Dinámico ou de bobina móbil
É o tipo de altofalante máis utilizado. Úsase tanto nun pequeno receptor de radio, coma en sistemas de megafonía ou en monitores de estudo de alta calidade.
O conxunto formado por imán, bobina e cono coñécese como motor do altofalante. O cono ou diafragma sostense en suspensión cunha tea fina e envolvente ou cun anaco de goma ao redor do chasis. O chasis ou carcasa adóitase construír en aceiro fundido para poder soster sen deformacións a estrutura ríxida que soporta pesados imáns.
[editar] Electrostático
Comézase a utilizar nos anos 50 e é difícil de construír, e polo tanto caro. Non produce os niveis sonoros dos dinámicos, pero a súa calidade non é igualada polos outros tipos de altofalantes.
O motor do altofalante electrostático consiste nun diafragma grande e chan de moi pouco peso colocado entre dúas placas ríxidas. Mediante polarización aplícaselle ao diafragma unha alta corrente, que fai que se cargue o condensador formado por ambas placas e o diafragma. Como resultado o diafragma móvese entre as placas producindo o son.
[editar] De cinta
O principio de funcionamento é practicamente idéntico ao do micrófono de cinta, pero invertindo o proceso.
Adóitase empregar especialmente para altas frecuencias.