Ambrosini S.A.I.207
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ambrosini S.A.I.207 | |
---|---|
Tipo | Caza |
Fabricante | Ambrosini |
Deseñado por | Sergio Stefanutti |
Primeiro vóo | 1942 |
Introducido | xullo de 1943 |
Construídos | 13 |
O Ambrosini S.A.I.207 foi un caza italiano da Segunda Guerra Mundial. Desenvolveuse a partir do S.A.I7, un avión deportivo de preguerra. O S.A.I.7 evoluíu cara o S.A.I.107 que sería un adestrador de caza, e este cara o prototipo do caza S.A.I.207. As probas de vóo comezaron en 1942 e entraron en servizo en xullo de 1943. Finalmente só se fabricaron 13 avións de preserie dos 2.000 encargados debido a que o resto do pedido desviouse ao mellorado S.A.I.403 Dardo, do que só se construiría o prototipo.