Amnón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amnón (אמנון) era o fillo máis vello de David, violou a Tamar e Abaxalom mandou matalo. Amnón era fillo de David e Ahinoam. Tamar e Abxalom eran fillos de David e Macah. Amnón e Tamar eran medios irmáns. A lei xudía prohibia o casamento entre os fillos do mesmo pai.
A paixón de Amnón por Tamar facíao adoecer e para a posuír fíxose o doente, e pediulle ó seu pai David que Tamar fose ao seu cuarto para lle preparar unhas bicas. Cando llas ía dar, el forzouna sexualmente. Dous anos despois, Abxalom mandou aos seus criados para que o matasen.