Amos Bronson Alcott
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amos Bronson Alcott (Wolcott 1799– Bostón 1888) educador e escritor norteamericano Fillo de Joseph Chatfield Alcox, un agricultor e mecánico, os seus antepasados asentaran en Massachusetts occidental nos días da colonia levando o apelido Alcocke.
Autodidacta, tivo que se poñer a traballar en 1814 nunha fábrica de reloxios en Plymouth, Connecticut e despois de 1815 viaxou ao sur dos Estados Unidos como vendedor de libros e mercadorías. Comeza a ensinar en Bristol, Connecticut en 1823, dirixe escolas en Cheshire, Connecticut, en Bristol, Bostón, Germantown e en Filadelfia.
En 1830 casa con Abby May, irmán do reformador e abolicionista Samuel J May. En 1834 abre a Temple School en Bostón que se fixo famosa polos seus orixinais métodos, baseada no autoanálise e no desexo de estimular a persoalidade do neno mediante a conversa, máis que na lectura. A escola foi denunciada na prensa e en 1839 pechou, pero Alcott gañou o cariño dos seus alumnos. En 1840 marchou a Concord, da súa visita a Inglaterra trae a intención de establecer unha comunidade utópica socialista que fracasa e en 1842 volve a Concord.
Nos seus últimos anos de vida foi coidado pola súa filla Louisa May Alcott.
[editar] Obras
- Record of a school. 1835
- Exempling the general principles 1835
- Conversations with children 1836
- Tablets (1868)
- Concord Days (1872)
- Sonnets and Canzonets (1882)