Aníbal Cavaco Silva
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aníbal António Cavaco Silva (Loulé, 15 de xullo de 1939- ) foi Primeiro-Ministro de Portugal de 6 de novembro de 1985 até o 28 de outubro de 1995, o 22 de xaneiro de 2006 foi elixido presidente da República e tomou posesión o 9 de marzo dese ano.
Cavaco Silva estudou Economía e foi ministro de Finanzas en 1980 e presidente do Consello Nacional de Planeamento entre 1981 e 1984. En 1985 gañou as eleccións á frente do Partido Social-Democrata e dirixiu un goberno de minoría que foi o de maior duración da democracia portuguesa.