Aníbal Otero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aníbal Otero Álvarez (1911-1974) foi un lingüista e escritor galego.
Estudou Filosofía e Letras en Madrid, participou na elaboración no Atlas Lingüístico da Península Ibérica que promovía Ramón Menéndez Pidal, realizando investigacións lingüísticas no norte de Portugal, onde o sorprendeu a sublevación militar do 36; entregado ás autoridades españolas o 5 de agosto de 1936 foi condenado a morte; amnistiado permaneceu na cadea ata 1941. Autor de Contribución al diccionario gallego (1967), Vocabulario de San Jorge de Piquín (1977); en 1994 publicouse postumamente a súa novela autobiográfica Esmoriz.