Andreu Martín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andreu Martín Farrero, escritor e guionista catalán, nace o 9 de maio de 1949 en Barcelona. Estudiou psicoloxía pero adicouse a facer guións no teatro, no cine e, case sempre, no mundo dos cómics. Dirixiu un film no ano 1990, Sauna. Coñecido sobretodo por ser autor de novela negra, onde obtivo varios premios:
- Premio Círculo del Crimen (1980) pola obra Prótesis
- Premio Alfa (1986) pola obra El día menos pensado
- Premio Hammett da Asociación Internacional de Escritores Policíacos (1989) por Barcelona Connection.
Tamén é coñecido por ser o coautor das aventuras do detective adolescente Flanagan. O outro autor é Jaume Ribera.
Na actualidade é presidente da Asociación Internacional de Escritores Policíacos.