Anfibios
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os anfibios son unha clase de animais que inclúe todos os tetrápodos vivos (vertebrados de catro patas) que non teñen ovos amnióticos, son poiquilotérmicos e normalmente pasan parte do tempo na terra. A maioría dos anfibios non teñen as adaptacións a unha vida exclusivamente terrestre que se atopan na maioría dos demais tetrápodos modernos (amniotas). Coñécense unhas 6.000 especies. O seu estudo coñécese como herpetoloxía.