Angkor Wat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Angkor Wat (en língua khmer Templo da cidade) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboia, nas proximadades da cidade de Siem Reap.
O templo foi feito construír polo monarca Suryavarman II (1113-1150). O rei ordenou que a xigantesca construción partise dos 4 lados a un tempo, de xeito que se completou en menos de 40 anos.
A hipótese máis probábel sostén que se trata en realidade dun mausoleo, un lugar onde o rei podería ser venerado despois da morte. De feito, a entrada principal está situada no Oeste, como nos templos funerarios, e non no Leste, como acostuma a suceder nos templos hindús.
O templo ten a forma dun rectángulo, cunha lonxitude aproximada de 1.5 km. de Oeste a Leste e 1.3 km. de Norte a Sur. No interior do foxo que circunda completamente o muro perimetral de 3,6 km hai tres galerías rectangulares, costruídas unha sobre outra. No centro do templo levántanse cinco torres. Angkor Wat contén dúas principais características da arquitectura camboiana: o templo outeiro que se ergue no interior dun foxo e que simboliza o Meru (a montaña dos deuses na relixión hindú, de feito o templo está consagrado a Visnú), e os sucesivos templos de galería.
Angkor Wat tense convertido no símbolo de Camboia, aparecendo na súa bandeira nacional e na actualidade é o lugar do país máis visitado polos turistas.
Consonte o Guinness dos records é o máis vasto sitio relixioso do mundo.
[editar] Ver tamén
- Angkor