Anglos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pobo xermánico que no século V invadiu e emigrou a Gran Bretaña, xunto cos xutos e os saxóns, moi relacionados étnica e lingüisticamente con estes últimos. Os anglos vivian no que hoxe é o norte de Alemaña, entre o río Rhin e o Elba e en parte do itsmo de Xutlandia, en Schlewing.
A súa lingua é unha das bases do inglés xunto coa antiga lingua saxona, sendo moi semellante a ésta. En Gran Bretaña fundaron os reinos de Mercia, Northumbria e Anglia Oriental, e chegaron a una mistura cultural cos saxóns, dando forma ó concepto anglosaxón e sendo a palabra da que deriva o nome do país, Inglaterra, England ou Anglorum en latín.