Anión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un anión é un ión con carga eléctrica negativa.
Entre os anións máis habituais temos aqueles formados cando un átomo dun elemento non metálico gaña un ou máis electróns.
Así, cando un átomo de cloro adquire un electrón dá lugar ao anión ou ión cloruro:
- Cl + 1 e- → Cl-.
Cando un átomo de xofre adquire dous electróns dá lugar ao anión ou ión sulfuro:
- S + 2 e- → S2-.
Cando un átomo de nitróxeno adquire tres electróns dá lugar ao anión ou ión nitruro:
- N + 3 e- → N3-.
Outras veces o anión, especialmente se é poliatómico, fórmase pola rotura ou disociación dunha molécula. Así, a disociación dunha molécula de cloruro de hidróxeno dá lugar ao ión cloruro, xunto con un protón ou ión H+.
- HCl → Cl- + H+
A disociación da molécula de ácido sulfúrico dá lugar ao ión sulfato, SO42-, xunto con dous protóns:
- H2SO4 → SO42- + 2 H+