Antivirus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un antivirus é unha aplicación informática (software) co obxetivo de detectar e limpar programas malintencionados (virus) do equipo no que estea instalado.
A actividade dun antivirus é de dous tipos:
- Prevención trátase de preveer a instalación de virus no equipo. Ó estar conectados á rede esto faise máis importante.
- Limpeza cada certo período de tempo (antes definido) ou trala petición do usuario, o antivirus revisa o sistema en busca de programas malintencionados, coa intención de aillalos e eliminalos.
Índice |
[editar] Tipos de Antivirus
Temos dous tipos de software:
- Antivirus residentes: os máis comúns e complexos. Vixían o sistema constantemente, na busca de intrusións.
- Antivirus baixo demanda: só analizarán o sistema (ou partes de este), trala petición do usuario de facelo.
[editar] Tipos de programas malintencionados
- Virus: programas ca intención de facer dano (borrar discos duros, sobrecargar o sistema...).
- Dialers: prexudicial nas conexión a Internet por módem telefónico. Fai que conectemos o servizo a través de números de tarificación adicional, en lugar de polo número do noso proveedor (de tarifa local).
- Spyware: aplicacións que espían o noso sistema. Normalmente tratarase de cookies malignas que permiten, ó entrar en certas páxinas, que outras persoas vexan información persoal do noso ordenador.
- Troianos: código malicioso engadido a un programa orixinal. Diferénciase do virus en que este, é un programa por si mesmo, que suplantará ó orixinal (de habelo).
- Vermes: virus especialmente deseñados para as redes, coa particularidades de poderse autoduplicar e autopropagar.
- Outros.
[editar] Evolución
Cada día, os virus fanse máis perigosos. O que antes era unha serie de programas coa intención de facer dano, agora convértense en ferramentas coas que atopar información confidencial, suplantar a persoas lexítimas... Coa interconexión total que estamos vivindo, e o intercambio constante de información, a propagación destes programas é moito máis doada. Pero tamén o é a obtención dun programa antivirus (temos no mercado multitude de antivirus gratuitos e de pago), e unha actualización constante destes.