Apalaches
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Apalaches é un sistema montañoso de América do Norte que vai de Terranova e Labrador (Canadá) ata o centro de Alabama (Estados Unidos).
O sistema divídese nunha serie de cordais, nas que a media de altura dos picos é 900 m. O cumio máis elevado é o monte Mitchell, en Carolina do Norte que mide 2.040 metros e é o punto máis alto dos Estados Unidos ao leste do Mississippi. Os montes Adirondac e o río Hudson dividen os Apalaches en Apalaches do Norte e Apalaches do Sur.