Apelativo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os apelativos son termos da lingua utilizados na comunicación directa para interpelar o interlocutor.
Pódese nomear o interlocutor ou indicar as relacións sociais que establece o falante. Os apelativos poden ser:
- o nome do interlocutor: Diogo, cólleme esa caixa.
- termos de parentesco (ou asimilábeis): Deixe iso, avó. Xa cho dixen, meu.
- nomes específicos: Camaradas! Ao palacio!, Entre, señor director.
Hai mesmo un uso indirecto que utiliza unha sintaxe particular mediante a que se sitúa ao interlocutor como unha 3ª persoa: Espero que a comida fose do agrado da Súa Excelencia.
Chámase función apelativa á función gramatical exercida polos apelativos da comunicación directa. Nas linguas con casos realízase co vocativo.