Arai Hakuseki
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arai Hakuseki (新井 白石) ( 1657 - 1725) escritor e político xaponés.
Naceu en Edo, e xa dende moi novo amosou a súa intelixencia, segundo a tradición aos tres anos copiou un libro de Confucio escrito en Kanji. En 1693, o shogún Tokugawa Ienobu chamouno como conselleiro xunto con Manabe Akifusa para reformaren a política económica do shogunato e darlle máis estabilidade, controlando a inflacción. Tamén implementaron unha nova política comercial para controlar os pagamentos dos mercaderes chineses e holandeses. Á morte do Shogún, Hakuseki deixou o seu posto e comezou a escribir.
- Hankanfu (藩翰譜) - Unha lista de árbores familiares dos daimios
- Koshitsu (古史通) - Historia antiga de Xapón
- Oritaku Shiba-no-ki (折りたく柴の記) - Diario e memorias
- Sairan Igon(采覧異言)
- Seiyo Kibun (西洋記聞) - Descrición do Occidente, baseado nas súas conversas co sacerdote xesuíta, Giovanni Battista Sidotti
- Tokushi Yoron (読史余論) - Tratado histórico