Articulador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En fonética, os articuladores son os órganos fonadores que interveñen na pasaxe do ar larínxeo e cuxos movementos, modificando a forma das cavidades de resonancia, producen o timbre característico dos sons da linguaxe.
[editar] Articuladores superiores
Os articuladores superiores son inmóbiles, excepto os beizos e a úvula:
- beizo superior
- incisivos superiores
- alvéolos superiores
- padal duro e brando
- úvula
- parede da farinxe
[editar] Articuladores inferiores
Son sempre móbiles:
- beizo inferior
- punta e dorso da lingua