Asíndeto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Definición
Figura retórica que consiste en omitir as conxuncións para dar viveza ou enerxía ó concepto. Antónimo: polisíndeto
[editar] Exemplos
- N'Os señores da terra, ed. Galaxia (Otero Pedrayo)a asíndeto é moi frecuente: O corpo da casa ergueito en fina canteiría, obra limpa dos barrocos do dazasete (páxina 2). Rematadas as compras na vila, salferidas as onzas, visitadas unhas cantas amizades (páxina 55).
- Cheguei, vin, vencín (César: A guerra das Galias)
Véxase Figuras estilísticas