As Ribeiras do Sor, Mañón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Cristovo das Ribeiras do Sor é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mañón. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 188 habitantes (95 homes e 93 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 209 habitantes. Na parroquia de Ribeiras do Sor, está a Venta, un lugar entre Pastoriza e Barbeita. Na Venta é onde se atopa o antigo escolar, hoxe centro cultural.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón | |
---|---|
Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo) |