Ascoli Piceno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ascoli Piceno é a capital da provincia de Ascoli Piceno, Italia. Ten unha poboación de 50.135 habitantes.
[editar] Xeografía
A cidade localízase a 25 km do Mar adriático, na confluencia do río Tronto e o regato Castellano
[editar] Historia
A orixe da cidade non está clara, pero segundo a tradición fundárona os sabinos, e en 268 a.C. cae baixo a dependencia de Roma, aínda que se mantén como civitas foederata. No 91 a.C sublévase contra Roma xunto a outras cidades do centro de Italia, e no 89 a.C. logo dun longo asedio, o xeneral romano Gneo Pompeo Estrabón conquista a cidade e manda ao exilio a parte dos seus habitantes.