Asturica Augusta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Asturica Augusta foi o nome romano da actual cidade de Astorga, na provincia de León.
A orixe da cidade parece estar relacionada con un campamento romano que se instalou no lugar no ano 25 a.C., con ocasión das Guerras Cántabras. Con o Emperador Vespasiano pasou a ser capital do Convento Xurídico asturicense.
A estructura urbana revela o típico plano campamental, común a outras cidades romanas, con rúas cruzadas perpendicularmente. No século III d.C., como outras localidades hispanas, ante o perigo que supuxeran as invasións francas, rodeouse con murallas, das que subsisten bons lenzos. Non se conservaron restos de monumentos romanos.
A consideración legal da cidade é problemática, pois só aparece como res publica, a pesar de que Plinio, que a debeu visitar, a alcumou de "urbs magnifica". Tampouco se coñecen os típicos cargos municipais.
Aínda que a relixiosidade, a tenor, dos restos epigráficos coñecidos, mostra a coexistencia de deuses indíxenas e romanos, cabe salientar que o cristianismo estaba xa ben asentado aquí no século III. Ao efeito, unha consulta realizada arredor do ano 255 desde a cercana León (Legio) e dirixida á Igrexa de África. Na resposta evacuada desde Cartago, sinálanse as sés episcopais de Legio, Asturica, Emerita (Mérida) e Caesaraugusta (Zaragoza), o que revela a existencia dun núcleo cristián ben organizado, relacionado con o Norte africano.