Augsburgo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Augsburgo é unha cidade de Baviera, Alemaña situada na confluencia dos ríos Wertach e Lech e capital da Suabia. Ten 276.193 habitantes (2004).
Fundárona os romanos no ano 15 a.C. como colonia co nome de Augusta Vindelicorum. No ano 1276 converteuse en Cidade Libre imperial e foi a base dende a que operaba a familia de banqueiros Fugger. Carlos V xuntou nela varias dietas, a máis famosa delas, a Dieta de 1530 na que os protestantes presentaron a Confesión de Augsburgo.
En 1686 a cidade foi a sede da Liga de Augsburgo, coalición de boa parte dos estados de Europa contra Luís XIV de Francia.
En 1805, Augsburgo perdeu a súa independencia, pasando a formar parte do reino de Baviera.
Na Segunda Guerra Mundial a cidade foi moi danada polos bombardeos dos norteamericanos.