Autocontrol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Denomínase sistema de autocontrol dunha empresa alimentaria o conxunto de actuacións, procedemientos e controis que toda empresa que elabore, almacene ou distribúa alimentos debe desenvolver para garantir que os alimentos que comercializa son seguros para o consumidor, desde o punto de vista sanitario.
Todo sistema de autocontrol debe ser especificamente deseñado para a empresa que o deba aplicar, tendo en conta a natureza do produto elaborado ou da actividade desenvolvida, as fases do proceso de elaboración e os tratamentos ós que será sometido o alimento posteriormente. Debe deseñarse con flexibilidade para que sea realista e eficaz, tendo presente o tamaño do establecimiento.
Debe describir, dunha forma sistemática e programada, a actividade e os produtos que se elaboran, e debe estar documentado, para coñecemento dos responsables e empregados da empresa e para responder ós controis oficiais que poidan realiza-las autoridades sanitarias.
[editar] Responsabilidade das empresas
A Unión Europea estableceu en 1994 a responsabilidade das empresas do sector alimentario na hixiene dos seus establecementos e nos seus procesos. A normativa española transpuxo esta obrigatoriedade á lexislación española mediante un real decreto de 1995. Sucesivas normas legais, europeas e nacionais, insistiron e desenvolveron este principio.
Para que as empresas poidan asumir esa responsabilidade e demostrar á Administración que poñen as medidas necesarias para conseguir garanti-la seguridade alimentaria dos produtos postos no mercado, deberán desenvolver sistemas de autocontrol.
Estes sistemas der autocontrol aplicaranse a todo o proceso produtivo de cada empresa, na actividade que desenvolva cada empresa dentro da cadea alimentaria.
Cada empresa deberá identificar calquera aspecto da súa actividade que sexa determinante para garanti-la hixiene dos alimentos e velará por que se definan, se poñan en práctica, se cumpran e se actualicen sistemas eficaces de autocontrol adecuados, de acordo cos principios nos que se basea o sistema de análise de perigos e puntos de control crítico (APPCC).
Mediante este sistema a empresa debe poder controlar eficazmente a seguridade dos seus produtos e deberá poder demostrar ás autoridades sanitarias que realiza ese control dunha forma eficaz.
[editar] Contido dos sistemas de autocontrol
Os programas de autocontrol constarán dos seguintes documentos:
- Un programa de autocontrol baseado no sistema APPCC: conxunto de actuacións, procedementos e controis que se realicen na empresa para asegurar que os alimentos son seguros para o consumidor.
- Os planes xerais de hixiene: conxunto de programas e actividades preventivas básicas, destinados a controlar posibles perigos en calquera fase da actividade, dunha forma horizontal. Tamén se denominan prerrequisitos ou requisitos previos e, entre eles, podemos cita-los seguintes:
- Programa de control de proveedores.
- Programa de abastecemiento de auga potable.
- Programa de formación de manipuladores de alimentos.
- Plan de limpeza e desinfección.
- Plan de desinsectación e desratización.
- Programa de mantemento de equipos e instalacións.
- Programa de rastrexabilidade.
- Plan de eliminación de residuos.
- E ademais deberá establece-los rexistros necesarios para documentar que se aplican tódolos procedementos anteriores tal como estaban programados, que se realiza o control previsto sobre as fases nas que se poida evitar ou reducir calquera perigo previsto e mailos resultados destes controis. Todo este sistema de rexistros deberá archivarse e conservarse durante toda a vida útil dos alimentos producidos, como mínimo.