Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome completo | Autos Lobelle de Santiago F.S. | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcume(s) | Lobellistas | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Fundación | 1975 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome do estadio | Multiúsos Fontes do Sar, Santiago de Compostela | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Inauguración | 1993 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Capacidade | 8.500 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente | Xosé Antonio Lobelle | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Adestrador | Xosé Mª Pazos "Pulpis" | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | División de Honra (LNFS) | ||||||||||||||||||||||||||||||||
2005-06 | 5º | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Marca da camiseta | Puma | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Publicidade da camiseta | Dia | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web oficial | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Autos Lobelle de Santiago F.S. é un equipo galego de fútbol sala que xoga na División de Honra de fútbol sala española.
Foi campión da Copa Xunta de Galicia, da Copa de España, así como da Copa de Europa.
Índice |
[editar] Fundación e primeiros pasos
O Club Autos Lobelle de Santiago F.S. foi fundado no ano 1975 polo empresario da automoción Xosé Antonio Lobelle, que é o actual presidente. O equipo naceu en Chantada e iniciou a súa andaina participando na liga local chantadina. Nos primeiros momentos o club estivo formado basicamente por empregados do concesionario de automóbiles.
En 1985 prodúcese o traslado a Santiago de Compostela da empresa concesionaria, e con ela vai tamén o equipo, que xa daquela militaba na Liga Rexional. En 1989 o club ascede e comeza a competir en Liga Autonómica, e en 1992 pasa de Primeira Nacional B a Primeira Nacional A, que funciona como a división de bronce do fúbol sala español. Nesa categoría bota bastantes anos, e ascende á División de Prata no ano 2000, conseguido nun encontro desputado en Manzaneda ao que asistiron xa 300 seguidores lobellistas.
[editar] División de Prata
Nesta segunda categoría do fútbol sala español o Lobelle non bota demasiado tempo. A crecente profesionalización e a fichaxe dalgún xogador estranxeiro e doutros procedentes da División de honra vanlle abrindo as portas dun deporte que, paralelamente, coñece un rexurdir.
Así, na tempada 2000-01 finalizan de sétimos, na 2001-02 de oitavos logo de facer unha fenomenal primeira volta e unha desastrosa segunda, e na 2002-03 conseguen o ascenso á División de Honra, logo de desputar unicamente un play-off.
Na última xornada desa tempada, a número 30, o Lobelle venceu o Verín e tivo que agardar unha derrota do Ourense F.S. para poder clasificarse para o play-off. Nesta competición polo ascenso, os lobellistas derrotaron primeiro o Benicarló (3-1 e 5-2) e no segundo ao Levitt de Las Rozas, ao que venceu por 5-2 e 3-3 (na tanda de penaltis.
En recompensa polo ascenso, o clube asinou no libro de ouro da cidade de Santiago.
[editar] División de Honra
Dende o seu ascenso en 2003, o Lobelle non volveu descender. A súa primeira tempada en División de honra remata cunha décima praza e cunha participación en cuartos da Copa de España, competición que ademais se desputaba en Santiago.
A tempada 2004-05 é a de consolidación do equipo. Os resultados acompañan, e acadan os lobellistas unha sétima posición e a clasificación por primeira vez na súa historia, para o play-off polo título, onde caen derrotados en primeira rolda polo Boomerang Interviú de Alcalá de Henares. Ademais ese ano conseguen chegar ás semifinais de Copa, que se desputaba en Lizarra.
Os éxitos definitivos comezan a chegar na tempada 2005-06. O 8 de decembro de 2005, acada por primeira vez o título de campión da Copa Xunta de Galicia, derrotando na final ao Azkar Lugo (3-1). O partido, desputado en Pontevedra, decidiuse nos instantes finais, cunha épica remontada de tres goles.
O 22 de xaneiro de 2006, o Lobelle conquista a súa primeira Copa de España en Zaragoza, logo de derrotar o Boomerang Interviú nos penaltis (tras empatar 2-2). Antes xa eliminara o Polaris World Cartagena(7-3) e ElPozo Murcia (3-2).
Na tempada seguinte, 2006-07, o Lobelle desputa en setembro de 2006 a final da Supercopa de España, onde cae derrotado polo ElPozo Murcia por 2-3. A final desputábase en Castelló baixo o sistema de final four. Tamén nesa tempada, en xaneiro de 2007, o Lobelle desputa a Recopa de Europa contra seis equipos máis do continente (entreles outro galego, o Azkar Lugo, que defendía título), e onde consegue clasificarse para a final tras empatar no grupo preliminar ante o Aktyubretgen kazajo e golear 8-1 á Luparense, líder da liga italiana; final que desputa contra o Benfica portugués. Gaña a final na prórroga por 5-3 (tras empatar 2-2 no tempo reglamentario), e consegue o primeiro título continental da súa historia.
[editar] Palmarés
[editar] Copa de España
- Gañadores en 2005-06.
- Semifinalistas en 2004-05.
- Cuartofinalistas en 2006-07.
- Cuartofinalistas en 2003-04.
[editar] Copa Xunta de Galicia
- Gañadores en 2005-06.
- Subcampións en 2006-07.
- Subcampións en 2004-05.
- Subcampións en 1996-97.
[editar] Recopa de Europa
- Gañadores en 2006-07.
[editar] Supercopa de España
- Subcampións en 2006-07.
[editar] Equipo 2006/2007
Adestrador: Xosé María Pazos Méndez "Pulpis"