Bacău
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bacău é a capital do condado de Bacău, na rexión de Moldova, en Romanía. Localízase nas abas dos Cárpatos, na ribeira do río Bistrita. O Paso de Ghimesh une Bacău con Transilvania.
A cidade cobre unha superficie de 41 km² na que viven 180.000 habitantes. É un centro industrial e preto da cidade está instalada unha refinería de petróleo.
Durante a ocupación de Valaquia polos alemáns na Primeira Guerra Mundial a cidade foi o cuartel xeral do exército romanés.