Barbantesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha barbatensa é un insecto da familia dos mántidos (Mantidae), orde Mantodea.
A maioría das especies son de cor verdoso ou castaña por mor da camuflaxe, e posúen un abdome alongado que representa 2 terzos da súa lonxitude, que rolda os 15 cm nun exemplar adulto.
A femia é significativamente máis robusta có macho, o cal provoca un conflito durante a cópula, pois é frecuente que durante ésta o macho sexa devorado pola femia. A raíz deste impedimento evolutivo, a especie evolucionou o seu sistema nervioso de tal modo que está descentralizado. Isto significa que a cópula prosegue aínda cando o macho está sendo devorado.