Batería (instrumento musical)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En música unha batería é un instrumento musical de percusión, formado por unha serie de tambores e platos (ou címbalos), que se conforman nunha estrutura estandarizada. Todos os instrumentos os executa un só intérprete. Este instrumento, xunto co baixo, conforma a base rítmica da música popular.
Outra acepción deste termo ten o significado de baterista.
A batería naceu en Nova Orleáns cando as bandas de Dixieland pasaron das rúas ós clubes incorporando, ademais do piano, un conxunto de instrumentos de percusión empregados nas bandas militares (bombo, caixa e pratos) adaptándoos á execución por un único músico. Logo evoluiu coa adición de timbais e outros tipos de pratos.