Bill Haley
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bill Haley (6 de xullo de 1925 – 9 de febreiro de 1981) foi un dos primeiros músicos de rock and roll, e o primeiro en popularizar esa forma de música na metade dos anos 50 co seu grupo Bill Haley & His Comets e a súa primeira canción "Rock Around the Clock". O seu é un rock con influencias do country que orixinará o que despois será o rockabilly.