Billie Holiday
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Billie Holiday fotografada por Carl Van Vechten. |
Billie Holliday (7 de abril, 1915 - 17 de xullo, 1959), Lady Day para os fans, considérase como a maior de todas as cantoras do jazz, segundo moitos.
Eleanora Fagan naceu en Baltimore en 1915, filla de Clarence Holiday, guitarrista da Orquestra de Fletcher Henderson, que nunca casou coa sua nai e nunca a recoñeceu. Cambiou o seu nome polo da actriz Billie Dove e usou o apelido do seu pai. Tras unha infancia dura foi descoberta por John Hammond en 1933 e comezou a gravar cos mellores músicos de Jazz da época. A sua vida estivo marcada polos seus problemas cos homes e coas drogas, morrendo nun hospital en 1959 cun policia na porta do seu cuarto. Hoxe é considerada sen discusión a mellor cantante da historia do Jazz.
O seu estilo, desenvolvido a partir dos de Louis Armstrong e Bessie Smith residia nas leves alteracións do ritmo que utilizaba anticipandose ou retrasandose ao beat e o sentimento co que era capaz de impregnar o tema mais banal. Pese a non saber música, algúns dos seus maiores éxitos foron composicións propias, escritas en colaboración cos seus pianistas. En 1939 compuxo "Strange fruit" sobre un dos por aquel tempo comúns linchamentos de cidadáns negros no Sul, que se converteu nun hino.
[editar] Discos
- The Complete Columbia Recordings (1933-1950)
- The Complete Commodore Recordings (1939-1944)
- The Complete Original American Decca Recordings (1944-1950)
- The Complete Billie Holiday on Verve (1950-1959)