Billy McNeill
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Billy McNeill | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | William McNeill | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 2 de marzal de 1940 | ||
Lugar de nacemento: | Bellshill, Escocia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | Retirado | ||
Posición: | Defensa Central | ||
Altura: | 1,85 metros | ||
Partidos internacionais: | 29 (coa Escocia) | ||
Goles: | 3 | ||
Ano do debut: | |||
Clube do debut: | Blantyre Victoria | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: | Celtic FC |
William McNeill veu ó mundo na vila escocesa de Bellshill o 2 de marzal de 1940. Foi un dos Lisbon Lions, é dicir, un dos compoñentes daquel selecto grupo de xogadores que lograron gaña-la Copa de Europa no 1967 pró Celtic FC.
Coñecíaselle tamén nos seus tempos de futboleiro coma Cesar polo feito de que era un dos pouquiños xogadores que daquela posuían un coche de seu, lembrando desta maneira ó actor César Romero que facía a fuxida no seu coche no filme orixinal de Ocean's Eleven.
Este defensa central chegou ó Celtic sendo ben mozo dende un equipo de xuvenís chamado Blantyre Victoria no 1957 pra quedar no conxunto católico de por sempre coma xogador ata o seu retiro en 1975 e chegando a ser considerado o capitán máis importante do clube en toda a súa historia. Fixo 830 aparicións pró equipo de Celtic Park acadando 35 goles e gañouse 29 internacionalidades pola Selección escocesa de fútbol logrando 3 tantos.
Este xogador difícil de canear prós seus rivais, por mor dos seus 1.85 metros e arredor de 90 quilogramos, tamén foi adestrador. Comezou a súa carreira polos banquiños no Clyde F.C. no 1977 pra no mesmo ano ir parar ó Aberdeen F.C. antes de voltar á súa casa pra servir ó Celtic dende 1978. Tras cinco tempadas en Glasgow foi probar sorte en 1983 a Inglaterra primeiro co Manchester City F.C. e despois co Aston Villa F.C. pero sen demasiado bo pé no seu derradeiro ano ó descender ámbolos dous equipos de categoría na mesma tempada (1986-1987). Volta novamente ó Celtic pra comezar a dirixi-lo clube no ano do seu centenario e tras catro anos futbolísticos demite. Púxolle punto derradeiro á súa carreira de adestrador no Hibernian mais xa coma un adestrador interino.
Pra rematar habería que salientar que foi premiado coa Orde do Imperio Británico grazas a todo o que este futboleiro supuxo pró Celtic mais tamén pró fútbol británico e co galardón de Futbolista escocés do ano segundo a Asociación de Xornalistas do Fútbol Escocés en 1965.