Bloque da táboa periódica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A táboa periódica dos elementos pode dividirse en bloques de elementos segundo o orbital que estean ocupando os electróns máis externos. No diagrama amósansese os bloques nos que se divide a táboa periódica estándar.
![image:bloques_tabla_periódica.png](../../../upload/shared/0/0a/Bloques_tabla_peri%C3%B3dica.png)
Os bloques chámanse segundo a letra que fai referencia ao orbital máis externo: s, p, d e f. Podería haber máis elementos que encherían outros orbitais, pero non se sintetizaron ou descubriron; neste caso continúase coa orde alfabética para nomealos.
- Bloque s
- Bloque p
- Bloque d
- Bloque f
- Bloque g
Hai outras formas de agrupar aos elementos en distintas familias. Véxase serie química.