Blue note
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Novas notas que, no cruce entre a cultura musical europea e a africana que tivo lugar nos Estados Unidos e deu lugar ao Blues, o Jazz e o Rock, os músicos negros, afeitos a utilizar escalas pentatónicas, foron introducindo para criar un efecto dramático e melancólico (blue). Estas frecuencias moitas veces non tiñan unha altura definida, e estaban entre a terceira menor e a maior ou entre a sétima menor e a maior. Mais tarde engadiuse unha terceira nota blue, a quinta disminuída (flatted fith). Na escala de Do:
Do-Re-Mib-Mi-Fa-Solb-Sol-La-Sib-Si-Do.
Non todas estas notas se usaban para elaborar melodías: a IIIb e VIIb usábanse fundamentalmente para ampliar acordes (sétimas de dominante en lugar de sétimas maiores)