Bojan Adamič
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bojan Adamič (Ribnica, Eslovenia, 9 de agosto 1912 - Liubliana, 3 de novembro 1995) foi un compositor de música para filmes esloveno.
Gradouse no Conservatorio de Liubliana e aínda que tiña en mente dedicarse ó jazz derivou a súa carreira cara ó cine. Realizou as bandas sonoras de máis de 200 filmes da antiga Iugoslavia e do estranxeiro, tamén participou como actor en 2 filmes. En 1971 publicou un libro de cancións eslovenas, Samospevi, 1943-1945, foi tamén o director da Orquestra da Radio Televisión Eslovena