Bomb Jack
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bomb Jack é un videoxogo realizado pola xaponesa Tehkan para recreativos en 1984 e que entre 1986 e 1992 viu versións en Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64, Game Boy e ZX Spectrum. Xogo de plataformas protagonizado por un ratiño voador abelencioso e veloz que se pasea polas construcións máis famosas da Terra: Pirámides, Acrópole, rañaceos... e debe recoller nestas localizacións as innumerables bombas colocadas por alieníxenas que cada vez colocan máis. Jack non ten armas coas que defenderse polo que ten que esquivar ós seus inimigos. Cada certo tempo caen do ceo uns paquetes que de recollelos fai que os seres do espazo queden paralizados durante un tempo podendo desfacernos deles con só tocalos.