Boston, Massachusetts
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Boston é a capital do estado de Massachusetts, nos Estados Unidos. Sede do condado de Suffolk. Conta con case 7.1 millóns de habitantes na súa área metropolitana. Fundada polos ingleses en 1630, tornouse no principal centro cultural da América do Norte Británica.
Os ingleses retiráronse en 1776 despois de varias revoltas entre as cales a célebre "Boston Tea Party". Durante os séculos XIX e XX tornouse un centro industrial de grande importancia, atraendo inmigrantes de todo o mundo, en especial da Irlanda.
Boston é un dos principais pólos educativos dos Estados Unidos, onde destacan institucións de educación superior tales como as universidades de Harvard e MIT (Massachusetts Institute of Technology).