Bot
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para o uso específico que os bots teñen na Wikipedia, vexa Wikipedia:Bots
Un bot (dominutivo de robot) é un programa informático que realiza diferentes funcións imitando os humanos. En sitios wiki, como Wikipedia, un bot pode realizar funcións rutinarias de edición. Noutro tipo de sitios, como enciclopedia, o bot pode informar sobre cuestións relativas ao propio contido do sitio (tcc bots conversacionais axudantes).
Pois que se trata de ferramentas que realizan tarefas de forma automatizada simulando seres humanos, poden ser utilizados de forma maligna (por exemplo, a propia Wikipedia foi vítima no seu día de bots que destruían contido, tal e como se pode ver no historial de bots maliciosos ). Por esta razón, en sitios que utilizan os bots para automatizaren tarefas, posúen regras moi estritas para o uso (correcto) dos bots.
Outros usos indebidos son o rexistro automático de contas de correo electrónico ou de outro tipo de servizos web, razón pola que moitos sitios incorporan un método de seguranza que consiste en que o usuario repita un código alfanumérico que se xera automaticamente con cada petición de rexistro.
Os pesquisadores de internet tamén utilizan os bots ou robots para indexaren contido de outras páxinas web e axilizaren as pesquisas. Debido a que polo xeral non discriminan entre o contido, poden chegar a indexar ficheiros con información confidencial ou vital para o sitio (tal que as bases de datos, se non estiveren cifradas ou protexidas).
Habitualmente é posíbel protexerse desta intromisión introducindo no cartafol raíz do sitio un ficheiro que enumere as exclusións ou restricións ao indexado de contido. Tales restricións soen ser respectadas pola maior parte dos sitios sempre que a semántica utilizada for correcta.
No ámbito dos videoxogos, coñécese como bot aquel programa que é capaz de xogar por si propio (tamén se coñece como borg, abreviatura de ciborg). A función deste elemento é a de supor un reto para o xogador humano, xa que se intenta que o bot teña a maior intelixencia artificial posíbel. Isto é particularmente importante nos xogos de RPG ou de xogos de estratexia.
É importante facer a distinción de que bot é unha definición funcional, e que non fai diferenzas no que respecta á súa implementación.
[editar] Ver tamén
- Bot conversacional
- Intelixencia Artificial
- Robot
- Programación
- Automatización
[editar] Ligazóns Externas
- m:Bot Información sobre os bots da Wikipedia.
- Infobae Reportaxe sobre o uso maligno de bots e sobre o seu incremento.
- MyBot Bot conversacional, destinado a interactuar no IRC.
- SmarterChild outro exemplo de bot conversacional.
- Msn BotsGaleria de bots conversacionais para o Msn Messenger.