Bregenz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bregenz é unha cidade austríaca, capital do estado federal de Vorarlberg ó oeste do país. A cidade, fai fronteira con Suiza e Alemaña, está situada á ribeira do lago Constanza. A cidade sitúase a unha altitude de 400 metros, ten unha poboación de 26.752 habitantes (2001) e unha superficie de 29,51 km2.
A cidade de Bregenz é o centro político, turístico, industrial, administrativo e de servizos do estado de Vorarlberg.