Budismo Zen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Budismo Zen (禅 en xaponés; ch'an en chinés, 禪, 선, Seon ou Sŏn en coreano) é unha fusión das crenzas do Budismo Mahaiana co Taoísmo. O Zen fai fincapé na práctica da meditación. Así o Zen non é un concepto, senón unha experiencia persoal. Surxiu cando mestres budistas da India, a terra natal do Budismo, fundaron escolas na China, onde se coñeceu co nome de ch'an (ch'an é a transliteración da palabra dhyana, de orixe sánscrita). O exemplo máis representativo destes mestres foi Bodhidharma, o monxe indio que, de acordo coa tradición, fundou o budismo Zen no templo Shaolin, durante o século V a.C. Posteriormente, monxes xaponeses que estudaban na China aprenderon o Zen e levárono ao Xapón, onde surxiron distintas escolas de pensamento.
Dada a influencia do Taoísmo, o Zen non fai fincapé no academicismo ou en cousas similares, e en vez diso concéntrase na meditación, o coñecemento non-racional do mundo e a maneira en que a mente reacciona a aquilo.
O Zen sostén que a meditación zazen é a mellor forma de práctica espiritual. Unha tradución aproximada de zazen é "meditación sentada". No zazen os practicantes toman a postura do loto, medio loto, birmana ou seiza. Os practicantes da escola Rinzai sentan mirando o centro do cuarto, mentres a práctica da escola Sôtô é sentar mirando un muro. Búscase ter conciencia completa da postura asumida e ás veces na respiración. Desta maneira, os practicantes buscan superar o pensar e tamén ser conscientes do universo.
Escolas de orixe posterior (en especial a escola Rinzai) desenvolveron os famosos koans, "adiviñas" ou "crebacabezas" paradóxicas creadas para sacar a mente do seu pequeno terreo de racionalidade e levala a unha conciencia sen prexuízos.
As seguintes son as escolas xaponesas da tradición Zen: Sôtô Zen, Rinzai Zen e Obaku Zen. A escola Sôtô Zen foi fundada polo mestre Dôgen Zenji (1200 - 1253). Lin-Chi (Rinzai en xaponés) fundou a escola Rinzai Zen e Obaku fundou a escola Obaku Zen.
Moitos estudantes actuais cometen o erro de pensar que o Zen non ten sentido e, polo tanto, calquera frase sen sentido que pareza intelixente etiquétana como Zen.
Índice |
[editar] Interpretación esotérica do Zen
Baixo esta perspectiva, o Zen non é unha relixión senón unha orixe indefiníbel, emprazado alén das palabras e ideas, e cuxo entendemento só se logra a través da experiencia individual. Todas as relixións teñen unha orixe máis concreta e por isto o Zen non ten vínculos con ningunha relixión, nin sequera co Budismo. Entón, o Zen é a perfección fundamental de todo o que existe e coñecérono todos os santos e sabios en todas as épocas. Así é como o zazen, máis que un método para lle axudar á xente a se liberar, é a maneira en que se expresa a perfección e entendemento da perfección presente en cada individuo.
[editar] Vocabulario
Bodhicita - Xerme do Buddha Íntimo que debe ser despertado a través do satori para lograr a iluminacion final
Doan - Título que recibe quen toca a campá ao principiar e finalizar Zazen.
Dojo - Véxase Dojo.
Dokusan - Entrevista privada entre mestre e estudante.
Fukudo - Título do encargado de golpear o Han.
Gassho.
Han.
Ino.
Kensho.
Kinhin.
Kyosaku.
Mogukyo.
Mondo.
Rohatsu.
Roshi.
Satori - Resplandor da iluminación.
Sesshin.
Tanto.
Teisho.
Tenzo.
Zazen.
Zendo.
[editar] Bibliografía recomendada
(Ver Bibliografía no apartado Budismo)