Cándido Pazó González
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cándido Pazó González é autor, director de escena, narrador oral, actor.
Índice |
[editar] Vida
Comeza a súa actividade como actor, en 1.975, vinculándose ao nacente movemento teatral da súa cidade e de Galicia, sendo un dos “benxamíns” das xeracións xurdidas arredor dos primeiros encontros da histórica Mostra de Ribadavia. Foi membro fundador da compañía viguesa A Farándula, traballou en todos os seus espectáculos ata a disolución desta en 1.983.
Complementou o seu autodidactismo cunha formación por medio de pequenos cursos e seminarios. Logo dunha etapa de actor en diversas compañías e no C.D.G. e de axudante de dirección (Eduardo Alonso en teatro; Octavio Gómez, Manuel Gómez Pereira, García Sánchez ou Miguel Gato en cine), debutou como autor e director de escena con compañía propia, Tranvía Teatro en 1.989 coa peza O melro branco.
A partir de entón escribe, dirixe ou fai adaptacións para varias compañías, especialmente Ollomoltranvía (resultado da fusión da súa compañía con Ollomol en 1.993) pero tamén en Teatro do Malbarate, Teatro do Xalgarete, Títeres Tanxarina, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Talía Teatro, C.D.G. ou Teatro de Adro.
Está presente, con ponencias e traballos, nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre o feito teatral galego coma o TEATRAgal ou a Comisión Técnica de Teatro da Ponencia de Teatro e Música do Consello da Cultura Galega.
Na actualidade fai parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Marathon Europea de Creación Teatral, proxecto de escritura dramática dentro do programa cultural Bruxelas 2.000.
É, ademais, guionista para televisión (A familia Pita, Pratos Combinados, Mareas Vivas) e dedícase tamén á narración oral, actividade emerxente hoxe en día en Galicia e pola que se sente especialmente seducido, sendo numerosas as súas actuacións como conteiro, tanto en directo como en radio e televisión.
[editar] Pezas escritas estreadas e/ou publicadas
- ARROUTADAS. 1.983. En colaboración con Carlos Cermeño. Estreada en Vigo en 1.984 pola compañía A Farandula. Dirección de Eduardo Hernández.
- O MELRO BRANCO. 1.989. Estreada en Vigo en 1.989 pola compañía Tranvía Teatro. Publicada na Editorial Bruño en 1.991.
RAÍÑAS DE PEDRA. 1.991. Estreada en Santiago en 1.994 pola compañía Ollomoltranvía. Dirección de Hélder Costa. Publicada en Edicións Xerais de Galicia en 1.994.
- A MOSTRA. 1.991. Estreada en Vigo en 1.991 pola compañía TranvÍa Teatro.
- COMMEDIA, UN XOGUETE PARA GOLDONI. 1.993. Traballo de escritura e dramaturxia a partir dun canovaccio, a tradición da commedia e improvisacións nos ensaios. Estreada en Ribadavia por Ollomoltranvía en 1.993. Publicada en Edicións Xerais de Galicia en 1.994.
- MONSTROS DE RISA. 1994. Texto para títeres e marionetas. Estreado en Redondela en 1.994 pola comapañía Tanxarina.
- O REI NU, en colaboración con Quico Cadaval. 1.995. Estreada en Redondela en 1.995 pola compañía Ollomoltranvía. Publicado por Edicións Talía en 1.995.
- O BULULÚ DO LINIER. 1.998. Estreada en Santiago en 1.999 pola comapañía Adro. Publicada en castelán e como peza breve no volume colectivo Al borde del área da colección Teatro Español Contemporáneo da Diputación Provincial de Alicante.
[editar] Espectáculos dirixidos
- O MELRO BRANCO. 1.989. Estreada en Vigo coa compañía Tranvía Teatro.
- A MOSTRA. 1.991. Estreada en Vigo coa compañía Tranvía Teatro.
- XOGOS Á HORA DA SESTA. 1.992. De Roma Mahieu. Estreada en Ourense coa compañía Malbarate. COMMEDIA, UN XOGUETE PARA GOLDONI. 1.993. Estreada en Ribadavia coa compañía Ollomoltranvía. MONSTROS DE RISA. 1.994. Estreada en Redondela coa compañía de títeres e actores Tanxarina.
- O REI NU. 1.995. Estreada en Redondela coa compañía Ollomoltranvía.
- NAU DE AMORES. 1.995. Textos de Gil Vicente. Estreada en Santiago coa compañía do C.D.G.
- A SECRETA OBSCENIDADE DE CADA DÍA. 1.996. De Marco Antonio de la Parra. Estreada en Vilagarcia de Arousa coa compañía Talía.
- NANO. 1.997. Textos de Suso de Toro. Estreada en Santiago coa compañía Teatro de Adro.
- CONTALOUCOS. 1.998. Textos de Therry Jones e Umberto Eco. Estreada en Redondela coa compañía de títeres e actores Tanxarina.
- A FARSA DE INÉS PEREIRA. 1.998. De Gil Vicente. Estreada na Coruña coa compañía Hac Luce da Universidade da Coruña.
- CÍRCULO. 1.999. Textos de Suso de Toro. Estreada na Coruña en 1.999 pola compañía Teatro de Adro.
- O BULULÚ DO LINIER. 1.999. Estreada en Santiago coa compañía Teatro de Adro.
[editar] Versións ou traduccións teatrais estreadas e/ou publicadas
- A POUSADEIRA, de Carlo Goldoni. Estreada en Santiago en 1.987 polo C.D.G. Dirección de Xan Cejudo. Publicada en Edicións Xerais de Galicia en 1.987
- PARELLA ABERTA, de Darío Fo. Estreada nas Pontes en 1.987 pola compañía Xalgarete. Dirección de Eduardo Alonso.
- REI LEAR, de Shakespeare. En colaboración con Eduardo Alonso. Estreada en Santiago en 1.990 por Teatro do Noroeste. Dirección de Eduardo Alonso.
- XOGOS Á HORA DA SESTA, de Roma Mahieu. Estreada en Ourense en 1.992 pola compañía Malbarate. Dirección Propia.
- GALILEO GALILEI, de B. Brecht (en colaboración con Eduardo Alonso). Estreada en Santiago en 1.993 por Teatro do Noroeste. Dirección de Eduardo Alonso.
- VÍA LÁCTEA, de Ramón Mayrata. Estreada en Santiago en 1.993 por Produccións Máxicas. Dirección de Eduardo Alonso.
- AS VODAS DE FÍGARO, de C. de Beaumarchais (en colaboración con Eduardo Alonso). Estreada en Santiago en 1.994. Dirección de Eduardo Alonso. Publicado en Edicións Xerais de Galicia.
- MONÓLOGOS de Darío Fo e Franca Rame. Estreados en 1.995 por Teatro do Xalgarete. Dirección de Cristina Domínguez.
- TOLOS DE AMOR, de Sam Shepard (en colaboración con Mabel Rivera). Estreada en 1.995 por Teatro do Atlántico. Dirección de Xulio Lago. Publicado pola propia compañía en libro do espectáculo.
- NAU DE AMORES, de Gil Vicente (traballo de dramaturxia, actualización lingüística e arranxo textual). Estreada en 1.995 polo C.D.G. Dirección propia. Publicada polo C.D.G. en libro do espectáculo.
- ESCOLA DE BUFÓNS (traducción e dramaturxia) de Michel de Ghelderode. Estreada en Narón por Ollomoltranvía en 1.996, baixo a dirección de Fabio Mangolini.
- NANO (selección de textos e adaptación en colaboración con Carlos Blanco e Josito Porto). Estreada en Santiago en 1.997.
- MARSAL MARSAL de Sanchis Sinisterra. Estreada en Cee por Talía Teatro en 1.988.
- CÍRCULO. Selección e adaptación a partir de textos de Suso de Toro. Estreada na Coruña en 1.999.