Camilo Castelo Branco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Camilo Ferreira Botelho Castelo Branco (Lisboa, 16 de marzo de 1825 — São Miguel de Seide, 1 de xuño de 1890) foi un escritor portugués.
Tivo unha vida atribulada que lle servíu moitas veces de inspiración para as súas novelas. Foi o primeiro escritor de língua portuguesa capaz de vivir exclusivamente dos seus escritos literarios. Apesar de ter que escreber para un público, suxeitándose así aos ditames da moda, conseguíu ter unha escrita moi orixinal.
[editar] Esbozo Biográfico
Orfo de mai cando tiña apenas un ano de idade e orfo de pai da cando dez anos, ambas infotunios creáronlle un carácter de eterno insatisfeito con a vida. Estando orfo, foi recollido por unha tía de Vila Real, nos Tras-os-Montes, e despois por unha irmá máis vella en Vilarinho de Samardã, no 1839 recbindo unha educación irregular através de dous curas de provincia.
Na sua adolescencia formouse lendo os clásicos latinos e portugueses, lendo literatura eclesiástica, ademais do contacto con a vida ao aire libre transmontano.
Aos dezaseis anos contrae matrimonio con Joaquina Pereira que cedo abandona. O seu carácter inestábel e irrequieto lévao a amores tumultuosos (Patrícia Emília, a freira Isabel Cândida).
Aínda a viver com Patrícia Emília de Barros, Camilo publicou, en 'O Nacional, correspondencia contra José Cabral Teixeira de Morais, gobernador civil. Debido a esta desavenza é mallado polo «Ollos-de-Boi», un matón do gobernador. As súas irreverentes correspondencias xornalísticas valéranlle, em 1848, unha nova agresión a cargo de Cazadores 3. Camilo abandona Patrícia nese mesmo ano, fuxindo para casa da irmá, residente agora en Covas do Douro.
Camilo tenta cursar medicina no Porto. A partir de 1848 fai unha vida de bohemia, repartindo o seu tempo entre os cafés e os salóns burgueses, dedicándose no entanto ao xornalismo.
Apaixónase por Ana Plácido, e cando esta casa, ten, de 1850 a 1852, unha crise de misticismo, chegando a ingresar no seminario, que abandonará. Ana Plácido era muller dun negociante portuense chamado Pinheiro Alves, un "brasileiro" (daí a aparición do tipo do "brasileiro", emigrante enriquecido retornado do Brasil, tantas veces nas súas novelas, case sempre de maneira depreciativa). Camilo seduce e rapta Ana Plácido e, despois de algún tempo agachados, son capturados polas autoridades e xulgados. Este caso emocionou a opinión pública polo seu contido, tipicamente romántico, do amor contrariado que se ergue e revela contra das convencións sociais. Fican presos na lóbrega cadea da "relação" do Porto, onde Camilo escrebeu Memórias do Cárcere, tendo alí coñecido o famoso delincuente Zé do Telhado. Depois de absolvidos do crime de adulterio, Camilo e Ana Plácido pasam a vivir xuntos.
Entretanto Ana Plácido ten un fillo, de orixe incerta, teoricamente de seu antigo marido Pinheiro Alves, ao que se sumam logo dous máis de Camilo. Cunha familia para sustentar Camilo vai escreber a un ritmo alucinante.
Cando o ex-marido de Ana Plácido, Pinheiro Alves, falece en 1863, os amantes van vivir para a súa casa, en São Miguel de Seide, no concello de Vila Nova de Famalicão. Em 1885 obtén o título de vizconde de Correia Botelho. O 9 de Março de 1888 cásase con Ana Plácido.
Camilo pasa os últimos anos da súa vida ao lado de Ana Plácido. No entanto, non encontra a estabilidade emocional por que anseia. As dificuldades financeiras son moitas e os filhos danlle enormes preocupacións: considera Nuno irresponsábel e Jorge sofre dunha doenza mental. A progresiva e crecente cegueira (causada pola sífile), impide Camilo ler e traballar capazmente, o que o mergulla nun enorme desespero. Ás 15h15 do 1 de xuño de 1890, despois da visita dun oftalmoloxista que lle confirmara a gravedade do seu estado, Camilo métese na témpora dereita un tiro de revólver, acabando por morrer ás 17h00 do mesmo dia.
[editar] Obras
- Anátema (1851)
- Mistérios de Lisboa (1854)
- A Filha do Arcediago (1854)
- Livro negro de Padre Dinis (1855)
- A Neta do Arcediago (1856)
- Onde Está a Felicidade? (1856)
- Um Homem de Brios (1856)
- Lágrimas Abençoadas
- Cenas da Foz
- Carlota Ângela
- Vingança
- O Que Fazem Mulheres (1858)
- O Morgado de Fafe em Lisboa (Teatro, 1861)
- Doze Casamentos Felizes (1861)
- O Romance de um Homem Rico (1861)
- As Três Irmãs (1862)
- Amor de Perdição (1862)
- Coisas Espantosas
- O Irónico (1862)
- Coração, Cabeça e Estômago (1862)
- Estrelas Funestas
- Anos de Prosa (1863)
- Aventuras de Basílio Fernandes Enxertado (1863)
- O Bem e o Mal (1863)
- Estrelas Propícias (1863)
- Memórias de Guilherme do Amaral (1863)
- Agulha em Palheiro (1863)
- Amor de Salvação (1864)
- A Filha do Doutor Negro (1864)
- Vinte Horas de Liteira (1864)
- O Esqueleto (1865)
- A Sereia (1865)
- A Enjeitada (1866)
- O Judeu (1866)
- O Olho de Vidro (1866)
- A Queda dum Anjo (1866)
- O Santo da Montanha (1866)
- A Bruxa do Monte Córdova (1867)
- A doida do Candal (1867)
- Os Mistérios de Fafe (1868)
- O Retrato de Ricardina (1868)
- Os Brilhantes do Brasileiro (1869)
- A Mulher Fatal (1870)
- O Regicida (1874)
- A Filha do Regicida (1875)
- A Caveira da Mártir (1876)
- Novelas do Minho (1875-1877)
- Eusébio Macário (1879)
- A Corja (1880)
- A Brasileira de Prazins (1882)