Canle de Crinan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Canle de Crinan é un canal en Argyll e Bute, no oeste de Escocia, duns 14 quilómetros de longo e que comunica o Loch Gilp co Loch Crinan.
[editar] Localización
Leva o nome da vila de Crinan, que está localizada no seu extremo oeste, na ribeira do Loch Crinan, pois xunta esta poboación coa vila de Ardrishaig no Loch Gilp (ao leste). O Loch Crinan é unha baía do estreito de Jura, e o Loch Gilp unha ría do Loch Fyne.
[editar] Historia
Os traballos para construír a canle comezaron en 1794, e a canle abriuse en 1801 cun deseño orixinal de John Rennie, pero con numerosos erros nas comportas que foron reparados en 1816 por Thomas Telford. O seu propósito era facilitar o transporte comercial entre Glasgow e a foz do Clyde, e as Illas Hébridas, sen ter que dar a volta ao sur da península de Kintyre e en especial, polo cabo de Kintyre, un lugar de mar aberto e perigoso a unhas poucas millas da costa septentrional de Irlanda. O transporte facíase cunhas embarcacións características desta comarca, denominadas puffers.
A canle non presentaba limitacións de altura para os barcos.
Na actualidade a canle úsana embarcacións de lecer, que aforran xornadas de navegación entre a foz do Clyde e as illas occidentais escocesas.