Cantiga de amor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As cantigas de amor son poemas nos que o poeta se dirixe en primeira persoa á súa dama ou reflexiona sobre o amor ou sobre a amada. O temá é, igual que nas cantigas de amigo, o sentimento amoroso, pero neste caso o protagonista é un home. As cantigas de amor galego-portuguesas xorden por imitación da poesía trobadoresca provenzal dos séculos XII e XIII, pero presentan diferencias: a cançó provenzal está suxeita a unhas normas de versificación moi estritas, mentres que as cantigas de amor eliminan case todos os elementos decorativos e presentan a paixón amorosa núa; na provenzal predomina o ton de ledicia e nas cantigas o poeta non é correspondido pola dama e predomina polo tanto a paixón infeliz.