Cariña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha cariña ou emoticona é unha sucesión de caracteres especiais que representan caras humanas e que se emprega na internet para expresar o estado de animo de quen escribe.
Índice |
[editar] Historia
Cando a fins dos anos 70 do século pasado se popularizaron as BBS entre os especialistas informáticos dos Estados Unidos nos que intercambiaban mensaxes de texto nos que as bromas, chistes ou a retranca non sempre se entendía como tales interpretándose literalmente o texto. Para evitar iso xurdiron formas de transmitir sentimentos polo texto como escribir a palabra joke (broma) ó final dunha frase graciosa para defini-lo seu contexto.
Un enxeñeiro especialista en intelixencia artificial, Scott E. Fahlman, propuxo ós usuarios dunha BBS en 1982 utilizar :-) para expresar un texto en broma e :-( para expresar un texto serio, denominou a esta sucesión de caracteres smileys. Pouco a pouco outros usuarios comezaron a empregalos e fixéronse populares e seguiron cando internet se fixo algo cotiá e pasaron ás mensaxes de texto dos móbiles. Actualmente desenvolvéronse máis cariñas para expresar diferentes sentimentos, accións ou personaxes e moitas veces aparecen substituídos por auténticas caras ou bonequiños.
[editar] Exemplos
:-) sorriso :-( tristura ou enfado :/ algo descontento :-D moi contento :-P saca-la lingua ;-) chiscadela :-o sorpresa :-7 raro xD risa :\/ boca grande (°< pac-man @:-) muller con pelo recollido 0:-) Santo, inocente. :-E Drácula. :* bico. :@ carraxe
[editar] Cariñas xaponesas
:(`ヘ´) anoxado :( ´_ゝ`) indiferente
[editar] Cariñas gráficas
confuso |